Saluda

Estimados poceros:

Sirva este texto para presentar a 7ª tempada do RDP, de novo, facémolo coa firme convicción de que a nosa propia existencia é todo un éxito. Que un club como este, de xeito evidente diferente, teña a posibilidade de saír adiante unha tempada máis é xa un logro en si mesmo.

Seguimos apostando por esa educación no deporte baseada no xogo, pero ademais apostamos por que ese proceso de formación continua ha de incluír tanto aos nosos alumnos como aos nosos monitores, procurando que aqueles que van educar aos nosos niñ@s estean o máis preparade@s posible.

Consolidamos a educación en deporte coa actividade de EID (Escola de Iniciación Deportiva) na que intentamos presentar o maior abanico de deportes distintos para que os alumnos poidan escoller o que máis lles guste...

Seguiremos tratando de facer este club atractivo tanto alumnos como a colaboradores e patrocinadores sen os cales, este proxecto sería inviable, pero por suposto aos nosos socios e as súas familias, facendo deste un club aberto á participación activa polo que vos invitamos a todos a involucrarse neste proxecto diferente.

Confiando en que esta sexa unha gran tempada do que confiamos sexa o voso club, non tengais dúbidas

A Por A SÉTIMA!!!!!!
POCERÍZATE!!!!!!

Carlos Ibán Díaz Doce | Presidente CD Río do Pozo