Municipio

Localización:

O municipio de Narón atópase sito no noroeste de España e, a súa vez, no noroeste galego nunha das zonas máis influenciadas pola súa xeografía de toda a península.

Sito na zona de Trasancos coruñesa, cunha extensión de 66,2 quilómetros cadrados, a súa contorna dota ao territorio naronés dunhas características climáticas de tipo océanico, suaves e con temperaturas pouco extremas.

Demografía:

Narón constitúe ademais un dos dez municipios máis poboados de Galicia, con cerca de 36000 habitantes que se distribúen entre os seis barrios que compoñen o centro urbán e as sete parroquias da zona rural.

O oitenta por cento dos veciños de Narón están agrupados na capital, Narón, que se corresponden co núcleo urbán integrado polos barrios da Gándara, alto do Castiñeiro, O Couto, Santa Ícia, Piñeiros e Xubia; distribuyéndose a poboación restante entre as parroquías da zona rural: Castro, Doso, O Val, Pedroso, San Xiao de Narón, Sedes e Trasancos.

Como chegar:

Por estrada

É o principal acceso a Narón. Na actualidade a autopista AP-9 Ferrol – Narón ten un enlace co núcleo urbán na área de Freixeiro, a través dunha vía de alta capacidade. Na actualidade estanse construíndo novos tramos que unirán outras zonas do concello, como A Gándara e O Ponto, co núcleo urbán e, ademais unha conexión co Polígono Industrial Río do Pozo.

A autovía A-64 Ferrol-As Pontes-Villalba posee tres accesos no término municipal: en Sedes, Castro e o Polígono Industrial Río do Pozo. A estas hai que engadir unha extensa red de estradas, a Estrada de Castela que nos seus seis quilómetros e medio atravesa o núcleo urbán do concello ata chegar a Ferrol e ás estradas autonómicas Ferrol-Cedeira e Ferrol-Ribadeo.

Varias liñas de autobuses comunican tamén o termo municipal cos concellos limítrofes.

Por tren

O ferrocarril Ferrol-Gijón, de FEVE, é unha boa alternativa ó transporte pola carretera, sobre todo no referente aos viaxes de proximidades, xa que os oitos apeadeiros existentes no concello achegan as áreas rurais á zona urbana. Aínda que tamén discurre superficialmente polo municipio, a liña Ferrol-Madrid (RENFE) non ten estación en Narón, de forma que un debe desprazarse aos concellos limítofres de Ferrol ou Neda para coller este tren.

Por aire:

En canto ao transporte aéreo hai que mencionar a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago, a menos dunha hora de viaxe por estrada dende Narón. Esta situación convirte esta opción nunha forma de desprazamento moi interesante para aqueles que viaxen ata o concello dende lonxe.

Industria

Narón presenta unha das mellores ofertas do solo industrial de Galicia. O éxito das sucesivas iniciativas e o incremento da demanda forzaron o nacemento no territorio naronés de tres polígonos industriales. Entre eles, atópase o Polígono Industrial que da nome ao clube, o Polígono industrial Río do Pozo.

Cunha extensión de dous millóns de metros cadrados entre a autovía de Ferrol- Narón-As Pontes, que o cruza, e a Estrada de Ferrol-Valdoviño, Río do Pozo constitúese como o polígono industrial máis moderno do municipio.

Empresas como Kilovatio Galicia, Imprenta Grafigal e Talleres Ferdimotor, instaladas no mesmo polígono, colaboran xa co Clube Deportivo Río do pozo.

+Información:

O Concello de Narón conta ademais cunha páxina web, en castelán e galego, dende a cal poderaste informar dunha maneira máis detida sobre o noso municipio.

Se desexas acceder a ela pulsa este enlace.