Entidad

Que é Clube Deportivo Río do Pozo?
O Clube Deportivo Río do Pozo é unha iniciativa deportiva constituída sen ánimo de lucro, orientada fundamentalmente ao fútbol sala e que nace en Outubro de 2006 cunha finalidade e unha metodoloxía clara como é o educar xogando.
Cal é a nosa finalidade?
Ensinar, aos nosos alumnos, os fundamentos dun deporte en constante evolución como é o fútbol sala.
Que nos condiciona?
Unha premisa que caracteriza cada unha das nosas decisións: a búsqueda, en todo momento, das mellores condicións para o neno e para a súa contorna.
Cales son os nosos obxectivos?
Propoñemos uns obxectivos claramente orientados aos intereses dos máis pequenos onde pretendemos que o xogo sexa o motor central das nosas sesións de entrenamento.
Cal é a nosa meta?
Unha fundamentalmente como é o espertar, incentivar e/ou estabilizar o interese do maior número de nenas/os pola práctica deportiva.
En definitiva…
Traballamos en conquerir un clube familiar, diferente a o visto ata o momento e onde mediante a nosa implicación,e o momento que nos dá o deporte poder conquerir os nosos obxetivos e as metas plantexadas.