Escola de Iniciación Deportiva

A Escola de Iniciación Deportiva de Club Deportivo Río do Pozo desenvolve as súas sesións de adestramento no Centro Deportivo de Castro en forma dunha sesión semanal de 60 minutos de duración cada unha durante os meses comprendidos entre Outubro e Xuño, ambos os incluídos.

Un Centro Deportivo, o de Castro, dotado de Pavillón Polideportivo con todas as necesidades, e no que alumnos e alumnas da partir de catro (4) anos de idade inícianse na práctica deportiva dunha forma lúdica e totalmente distendida.

Catro deportes: o baloncesto, o balonmán, o voleibol e o fútbol son os protagonistas nesta actividade. Catro deportes, dos que o noso grupo de educadores sérvense, para favorecer no alumno as súas capacidades físicas, as súas habilidades motrices básicas, as súas habilidades perceptivo-coordinativas e, como non, as súas habilidades motrices específícas máis identificadas co deporte en cuestión.

Varios deportes, xa que logo, e moitas experiencias de cooperación englobadas todas nunha mesma metodoloxía. A mesma que caracteriza a Club Deportivo Río do Pozo: a aposta pola educación e a aposta polo xogo.

  • Unha aposta pola educación que considera imprescindible, a transmisión no alumno, dunha serie de valores e hábitos de comportamento fundamentais na formación de calquera deportista.
  • E unha aposta polo xogo, que o considera como vehículo idóneo para conseguir no alumno a súa aprendizaxe e a súa adherencia ao deporte.

Unha metodoloxía apoiada polo seu grupo de educadores, con gran formación en actividade física e deporte e que non queremos tampouco deixar de presentarvos.

Organigrama

DIRECTOR ESCOLA DE INICIACIÓN DEPORTIVA
Diego Lorenzo
SECRETARIO ESCOLA DE INICIACIÓN DEPORTIVA
Carlos Ibán Díaz Doce
Etapa BIBERÓN Etapa PREBENXAMÍN
DEL - Non hai grupo esta tempada
ENT Diego Lorenzo

Non o penses máis. É o teu momento de achegarche ao deporte. É o momento de Club Deportivo Río do Pozo. Goza connosco da nosa paixón, que é o deporte, descargándoche o formulario de matrícula para facelo chegar á nosa sede o máis antes posible. Desta forma, o noso responsable deportivo, poderá porse en contacto contigo ampliándoche toda a información que consideres oportuna.

!Esperámosche tamén no teu Colexio! Consúltanos máis información.