Escola de Fútbol Sala

A Escola de Fútbol sala Río do Pozo desenvolve as súas sesións de adestramento no Centro Deportivo de Castro en forma de dúas ou tres sesións semanais de 60 ou 90 minutos de duración cada unha (en función da idade do alumno) e durante os meses comprendidos entre Setembro e Xuño, ambos os incluídos. Un Centro Deportivo, dotado de Pavillón Polideportivo con todas as necesidades, e no que alumnos e alumnas entre seis (6) e dezaoito (18) anos inícianse, fórmanse, tecnifican, perfeccionan e/ou buscan o máximo rendemento nun deporte como é o fútbol sala.

Seis etapas de aprendizaxe, englobadas á súa vez en tres ciclos, e polas que alumno discorre, de forma progresiva, ao longo da súa formación deportiva. Presentámoschas.

Organigrama

DIRECTOR ESCOLA DE FÚTBOL SALA
Victor Garrote Filgueira
SECRETARIO ESCOLA DE FÚTBOL SALA
Carlos Ibán Díaz Doce
Primeiro Ciclo
INICIACIÓN
Segundo Ciclo
FORMACIÓN E TECNIFICACIÓN
Terceiro Ciclo
PERFECCIONAMIENTO E RENDEMENTO
Nivel
1
Nivel
2
Nivel
3
Nivel
4
Nivel
5
Nivel
6
Nivel
7
Nivel
8
Nivel
9
Nivel
10
Nivel
11
Nivel
12
Etapa PREBENXAMÍN Etapa BENXAMÍN Etapa ALEVÍN Etapa INFANTIL Etapa CADETE Etapa XUVENIL
PRE B
6 anos
PRE A
7 anos
BEN B
8 anos
BEN A
9 anos
ALV B
10 anos
ALV A
11 anos
INF B
12 anos
INF A
13 anos
CAD B
14 anos
CAD A
15 anos
JUV B
16-17 anos
JUV A
18 anos
Non hai equipo esta tempada DEL Santiago Casteleiro Portas DEL Isabel Babío Gutierrez Non hai equipo esta tempada Non hai equipo esta tempada Non hai equipo esta tempada
ENT Francisco Loira Beceiro ENT Manuel Oviedo Palacios
2º ENT Rubén Torrente Hermida 2º ENT Alfredo Pérez Alonso
AUX - AUX -

Ciclo de Iniciación

  • Etapa prebenxamín: alumnos e alumnas de seis e sete anos de idade.
  • Etapa benxamín: alumnos e alumnas de oito e nove anos de idade.

Ciclo de Formación y tecnificación

  • Etapa alevín: alumnos e alumnas de dez e once anos de idade.
  • Etapa infantil: alumnos de doce e trece anos de idade.

Ciclo de Perfeccionamiento y Rendimiento

  • Etapa cadete: alumnos de catorce equince anos de idade.
  • Etapa xuvenil: alumnos de dezaséis, dezasete y dezaoito anos de idade.

Tres ciclos e seis etapas caracterizadas todas por unha mesma metodoloxía: a aposta pola educación e a aposta polo xogo.

Unha aposta pola educación que considera imprescindible, a transmisión no alumno, dunha serie de valores e hábitos de comportamento fundamentais na formación de calquera deportista.
E unha aposta polo xogo, ao ser considerado como o vehículo idóneo para conseguir co alumno a súa aprendizaxe e a súa adherencia ao deporte.

Non o penses máis. Descárgache o formulario de matrícula, éncheo cos teus datos e faino chegar a sede do club canto antes. Sesións de adestramento, competicións locais, autonómicas e/ou nacionais xunto cunha chea de novas e divertidas experiencias espéranche.

Súmate ó deporte. Súmate ao Club Deportivo Río do Pozo.