22.07.2014 Fran Loira novo Director da EFS

Foto vencellada

O noso primeiro adestrador do equipo benxamín dá un paso adiante e asume a responsabilidade do rol de director da Escola de Fútbol Sala do Club Río do Pozo.

Fran non é descoñecido para ninguén no noso club ao que chegou na tempada 2012/13 ocupando o posto de segundo adestrador do equipo prebenxamín onde acompañaba a Diego Lorenzo. Ao ano seguinte xa se encargou por completo dun equipo asumindo o cargo de primeiro adestrador de benxamíns. Fran leva dous anos de duro traballo no club e está disposto a máis aínda.

No plano académico, quédalle moi pouco para Graduarse en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidade da Coruña onde se está especializando precisamente na xestión deportiva.

O aterrizaxe no seu novo posto será suave posto que xa é un poceiro con experiencia e terá a Víctor camiñando ao seu lado para poñelo ao día de todo o necesario. Víctor continuará o seu labor no club e formando parte da xunta directiva.

– "Fran é unha persoa nova, con formación, con clara vocación cara ao deporte e cara á xestión deportiva; e que coñece perfectamente o método de traballo do Club e a súa historia. Para Club Deportivo Río do Pozo dispoñer de dous profesionais da educación física e o deporte como son Fran Loira e Diego Lorenzo á fronte de ambas Escolas (Escola de Fútbol Sala e Escola de Iniciación Deportiva) ten que ser un orgullo e unha mostra máis da ambición deste proxecto."

Son as verbas que pronunciou Víctor Garrote para describir ao seu sucesor no cargo.

O equipo de traballo RDP segue adiante con máis forzas que nunca. Que gañas de partidos, de goles e da nova tempada! Imos poceiros, pronto todos nos pavillóns.

o comenta en el foro

Comenta aquí con tu cuenta de facebook